Mechanical Animals é o terceiro álbum da banda estadounidense de rock industrial Marilyn Manson, publicado o 14 de setembro de 1998 en Australia e un día despois en Alemaña, Estados Unidos e Francia a través dos selos Nothing Records e Interscope Records.
Listaxe de cancións
Notas As edicións australiana e coreana do álbum veñen cun DVD adicional que contén os vídeos musicais de "The Beautiful People", "The Dope Show" e "Sweet Dreams". Este álbum conta cunha canción oculta reproducible só nun ordenador; é experimental e non ten título, e xoga aínda máis co tema do álbum da personaxe de Omēga e a conformidade. Tras meter o disco nun ordenador iniciase un arquivo autoexecutable que lanza un programa que amosa dúas pinturas de Manson mentres a canción soa de fondo.
Versión en vinilo Cando foi publicado en vinilo o álbum foi separado en dous discos; o primeiro acreditado ao personaxe de Alpha (representado polo propio Marilyn Manson), impreso en vinilo branco opaco, e o segundo acreditado a Omēga and the Mechanical Animals en vinilo azul transparente. O álbum de Manson ten canción de amor e alienación, mentres que o de Mechanical Animals contén temas de sexo e uso de drogas. A edición en vinilo foi reeditada en 2012, pero en vinilo negro.
Nota A lonxitude dos temas difire da versión en CD xa que os cortes non están fundidos e aparecen en toda a súa extensión con espazos de entre 1 e 2 segundos entre eles. Ademais, a intro de "I Want To Disappear" aparece como os 15 últimos segundos de "Posthuman" no CD, mentres que no vinilo aparece como parte de "I Want To Disappear".
Caras b "Astonishing Panorama of the Endtimes" (orixinalmente un descarte de Antichrist Superstar) "Get My Rocks Off" (versión de Dr. Hook) "A Rose and a Baby Ruth" (versión de George Hamilton IV) "Coma White" (versión acústica) "Golden Years" (versión de David Bowie) "Diamonds & Pollen" (composta nesta época, aparece no sinxelo "Disposable Teens")
Categoría:Álbums de Marilyn Manson Categoría:Álbums musicais de 1998 Categoría:Álbums producidos por Marilyn Manson Categoría:Álbums producidos por Michael Beinhorn Categoría:Álbums producidos por Sean Beavan Categoría:Álbums de Nothing Records Categoría:Álbums de Interscope Records