Debabarrena (Baixo Deba en galego) é unha comarca de Guipúscoa, en Euskadi. Atópase no extremo noroeste da provincia, no límite con Biscaia, e ocupa a parte baixa da conca do río Deba.

Limita polo sur coa comarca de Debagoiena, polo oeste coas comarcas biscaíñas de Lea-Artibai e Durangaldea, polo leste coa comarca de Urola Kosta e polo norte co mar Cantábrico.

Concellos Cidade Extensión(km²) Poboación(hab.) Densidade(hab./km²) Deba 51,54 5.384 104,5 Éibar 24,78 27.379 1.104,9 Elgoibar 39,11 11.323 289,5 Mendaro 25,39 1.898 74,8 Mutriku 27,69 5.009 180,9 Soraluze 14,22 3.989 280,5 182,73 54.982 300,9

Véxase tamén

Categoría:Comarcas de Guipúscoa