A lingua saami de Inari (Anarâškielâ) é unha lingua urálica falada polo pobo saami de Inari en Finlandia. Trátase dunha lingua saami que ten aproximadamente 300 falantes, dos que a meirande parte son de mediana ou avanzada idade e viven no concello de Inari. É unha lingua minoritaria recoñecida en Finlandia e segundo o Parlamento Saami de Finlandia, 269 persoas empregan o saami de Inari acotío como a súa primeira lingua. É a única das linguas saamis que se fala exclusivamente en Finlandia e está clasificada como unha lingua en grave risco de desaparecer porque moi poucos rapaces a aprenden. Segundo datos do censo de 2001 tiña 300 falantes.O saami de Inari está clasificado como en perigo severo polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Wikipedia en saami de Inari Ligazóns externas Breve historia do saami de Inari

Categoría:Linguas saamis Categoría:Linguas de Finlandia