Bobadilla é un pequeno municipio da Rioxa, en España. Pertencente á comarca de Nájera e por el transcorre o río Najerilla.

Historia 200px|thumb|left|Vista de Bobadilla Fáiselle referencia nunha acta matrimonial entre Iñigo Ortiz de Zúñiga e Juana, filla bastarda do rei Carlos III, de 8 de marzo de 1396, na que o pai do noivo dotou o seu fillo con diversas localidades, entre elas Baños de Rioja, Bobadilla, Clavijo e Huércanos.

Xeografía O municipio limita ao norte con Baños de Río Tobía (a 1,9 km do núcleo urbano), ao leste con Ledesma de la Cogolla (a 2,7 km do núcleo urbano) e Pedroso (a 3,3 km do núcleo urbano), ao sur con Anguiano e ao oeste con Matute.

Demografía Evolución demográfica1900 1920 1940 1960 1981 2001 2010 264 231 300268222153128

Lugares de interese 200px|thumb|Pazo do Conde de Avellanosa. Igrexa parroquial de San Xoán Bautista: foi construída entre os séculos XIV e XV. A súa torre e fachada foron restauradas en 2006. Pazo do Conde de Avellanosa. Xunto ao río Najerilla encóntrase unha área recreativa e o Puente mocho. Arco con escudo

Deporte Anualmente, o último sábado de abril realízase unha marcha nocturna a pé duns 63 km que parte de Logroño cara ao mosteiro de Valvanera, coñecida como a Valvanerada. A localidade colabora na súa organización repartindo avituallamento.

Festividades Festival da troita, en xuño, que vense realizando dende 1980. Está organizada pola Asociación Española de Piscicultores e nela repártense uns 4.000 bolos de pan con troita e xamón, ademais de realizarse concursos gastronómicos e bailes de danzadores. Festas de San Xoán. Festas de Gracias. Nelas realízanse danzas na honra da Virxe de Valvanera. A fin de semana seguinte sóbese ao Mosteiro de Valvanera, onde se ofician actos relixiosos, iotas e realízase unha comida de irmandade na que os monxes do mosteiro ofrecen paella aos visitantes en sinal da unidade do pobo.

Notas

Véxase tamén Lista de concellos da Rioxa

Categoría:Concellos da Rioxa