Joik (tamén coñecido como yoik, luohtien saami setentrional, vuolleen saami meridional, leu'dden saami oriental ou juoiggusen saami setentrional ) é un estilo de música tradicional vocal do pobo saami.
Características Orixinalmente, o termo joik facía referencia só a un tipo de canto saami, mais na actualidade emprégase para falar de tódolos tipos de canto tradicional saami. O joik está considerado como unha das tradicións musicais máis antigas de Europa e o seu son recorda a certos cantos das culturas nativas americanas.
Historia Coa cristianización do pobo saami, o joik pasou a ser considerado como algo pecaminoso. As políticas de asimilación cultural en Noruega e a visión negativa por parte da igrexa contribuíron á súa desvalorización. Na década de 1950 estaba prohibido o canto joik nas escolas das áreas saamis. Pode que o motivo polo que o joik era controvertido era pola asociación que tiña cos rituais e a mitoloxía precristiáns, así como coa figura xamánica do noaidi.
Porén, o joik ficou fortemente enraizado na cultura e tradicións saamis, e conservouse até os nosos días. Na actualidade, continúa vivo na cultura saami e tamén se emprega como elemento da música contemporánea.
Cantantes de joik Adjágas, grupo noruegués. Mari Boine, activista da cultura saami. Sofia Jannok, cantante sueca. Jonne Järvelä, cantante de Korpiklaani. Wimme Saari, cantante que mestura os joiks tradicionais con música electrònica. Ánde Somby, profesor de dereito saami na Universidade de Tromsø (especializado en Dereitos dos Indíxenas). Nils-Aslak Valkeapää, artista multidisciplinario.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Espazo joik de Ande Somby Artigo sobre o joik con arquivos de son
Categoría:Laponia Categoría:Música saami