Adolfo Abalo Ríos, nado en Lantaño (Portas) en 1945, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Profesor de Primaria no colexio Domingo Fontán de Portas. En 1976 afiliouse ao Partido Socialista Obrero Español. Organizou o movemento veciñal de Saiar e presidiu a asociación de veciños que clasificou os montes en man común da parroquia. Nas primeiras eleccións municipais da democracia encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Caldas de Reis e foi elixido alcalde por maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde nas municipais de 1983 por maioría absoluta. Nas municipais de 1987 e 1991 foi novamente reelixido, pero por maioría simple. Entre 1986 e 1991 foi deputado provincial. Nas municipais de 1995 foi substituído por Xosé María Tobío Barreira como cabeza da lista municipal do PSdeG-PSOE.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Caldas de Reis Ligazóns externas Entrevista en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Caldas de Reis Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Pontevedra Categoría:Nados en Portas Categoría:Nados en 1945 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes