Hipólito Otero Maquieira, nado en Riobó (A Estrada) o 10 de febreiro de 1811BÉRTOLO BALLESTEROS, José Manuel: Pazo da Mota, páxina 291. Foi bautizado ao día seguinte. Non obstante, segundo a correspondente ficha do Congreso dos Deputados, naceu o 13 de xuño de 1811. e finado en Ribadulla en agosto de 1885La Voz de Galicia, 18-8-1885, p. 3., foi un médico e político galego.
Traxectoria Cuarto fillo de Cristovo Vicente Otero Pazos (xuíz en Tabeirós) e María do Carme Maquieira Pazos, donos do Pazo da Mota, en Riobó. Foi irmán do alcalde da Estrada, Estevo Manuel Otero Maquieira.
Foi alumno do Real Colexio de Medicina e Cirurxía de San Carlos, onde se fixo doutor. Nas eleccións celebradas o 2 de outubro de 1836, foi elixido deputado ao Congreso pola provincia de Pontevedra, cargo que desempeñou entre o 8 de decembro deste ano e o 4 de novembro de 1837. Durante este mandato adheriuse á progresista Constitución española de 1837, aínda que non puido xurala. Baixo a presidencia de Vicente Alsina Selisis, foi desde o 25 de setembro de 1840 vice-secretario da Xunta Central Gobernativa de GaliciaEl Eco del Comercio, de Madrid, de 2-10-1840, p. 1., proclamada en Santiago tras a chegada ao poder de Baldomero Espartero, que pouco despois quedou reducida a unha Xunta Provisional Gobernativa da Provincia da Coruña.
Volveuse presentar ás eleccións do 1 de febreiro de 1841 polas provincias da Coruña e Pontevedra, resultando elixido polas dúas. Decantouse pola acta pontevedresa, ficando como suplente na coruñesa, e desempeñou este novo mandato entre o 24 de marzo de 1841 (que xurou catro días despois) e o 3 de xaneiro de 1843. Entre tanto, participou notablemente na política municipal de Santiago de Compostela da man de Pío Rodríguez Terrazo, sendo nomeado en 1841 Comandante da súa Milicia NacionalCOLMEIRO, Manuel: Ecsámen [sic] crítico del manifiesto del Ayuntamiento Constitucional de Santiago en 1841, de la Contrata... y de sus resultados económicos; Santiago, 1842, p. 19.. Tamén dirixiu o xornal compostelán La Situación de Galicia (25 de outubro de 1842 a 27 de febreiro de 1843), fundado polo propio Rodríguez Terrazo. Unha vez máis, presentouse ás eleccións do devandito 27 de febreiro, nas que tamén resultou elixido polos distritos da Coruña e de Pontevedra, volvendo a decantarse por esta última acta, que ostentou entre o 24 de abril (xurou o día 30) e o 26 de maio do mesmo ano. Foi alcalde de Santiago de Compostela como presidente da Xunta de Goberno a principios de xullo de 1843, sendo substituído por Pío Rodríguez Terrazo.
Estando en Lugo, proclamouse o 15 de xullo do mesmo ano a Xunta Central de Galicia, do que Hipólito Otero resultou elixido secretarioBoletín Oficial de la Provincia de Orense, de 18-7-1843, pp. 2 e 3. baixo a presidencia de José Arias de la Torre, en primeiro lugar, e de José María SuancesBoletín Oficial de la Provincia de Orense, de 29-7-1843, p. 5., despois. Este organismo resultou como reacción á rexencia de Espartero, que acabou por dimitir e exiliarse tras o pronunciamento de Ramón María Narváez. O 1 de agosto de 1843 foi elixido Xefe político en comisión (é dicir, gobernador civil) da provincia da Coruña, substituíndo ao Marqués de Casa Pizarro. Desenvolveu este cometido ata 3 de setembro en que chegou un mandato polo que foi substituído por Francisco Moreno, quen finalmente non chegou a tomar posesión e foi á súa vez substituído polo Intendente Subdelegado de Rendas da provincia, José Sandino Miranda. Por derradeira vez, foi elixido deputado suplente a Cortes por Pontevedra nas eleccións do 4 de outubro de 1854. Por renuncia do deputado electo, Manuel Bertemati, desempeñou o cargo entre o 6 de febreiro deste ano e o 2 de setembro de 1856. Durante a Revolución de 1868, que destronou a Isabel II, formou parte como vogal da Xunta Revolucionaria da Coruña, proclamada o 30 de setembro baixo a presidencia de Juan Manuel Pereira de CastroBoletín Oficial de la Provincia de Logroño, de 1-10-1868, p. 2.La Correspondencia de España, de Madrid, de 10-10-1868, p. 2.. Ao seguinte ano, proclamouse o 7 de xuño a nova Xunta provincial da Coruña da que Otero, quen daquela era deputado provincial da Coruña, pasou tamén a formar parte como vogal baixo a presidencia de Mariano del Castillo Jiménez (Gobernador-presidente)El Eco de Santiago, de 7-4-1904, p.1, nun artigo de Francisco Tettamancy.. En 1871 consta que ocupaba o posto de vice-presidente da Comisión de Estatística da provincia da Coruña, dentro do Ministerio de FomentoGuía de Forasteros en Madrid, de 1871, p. 756..
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados Presidentes da deputación da Coruña
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Gobernadores civís da Coruña Categoría:Alcaldes de Santiago de Compostela Categoría:Presidentes da Deputación da Coruña Categoría:Nados na Estrada Categoría:Nados en 1811 Categoría:Finados en 1885