A arquieparquía de Trípoli dos greco-melquitas (en ) é unha sé da Igrexa Católica Greco-Melquita sufragánea da arquieparquía de Tiro. En 2010 tiña 10.000 bautizados. O seu xerarca actual é o arcebispo Iduar (Eduard) Dahir.
Territorio A arquieparquía ten xurisdición sobre os fieis greco-melquitas da gobernación do Líbano Setentrional. A sé arquieparquial é a cidade de Trípoli, onde está a catedral de San Xurxo, construída en 1835. O territorio está organizada en 15 parroquias.
Historia A antiga diocese, xa coñecida no século IV, foi restaurada o 21 de marzo de 1897. O 28 de abril de 1961 cedeu parte do seu territorio para erixir a arquieparquía de Laodicea.
O 18 de novembro de 1964 e foi elevada ao rango de arquieparquía. En 1969 o Santo Sínodo melquita ampliou a xurisdición da arquieparquía ao distrito de Batrun, antes parte da arquieparquía de Beirut e Biblos. Dende entón, a súa xurisdición abrangue toda a gobernación do Líbano Setentrional.
Episcopoloxio Xusif Dumani (21 de marzo de 1897 - 4 de decembro de 1922, finado) Xusif Kalas (4 de abril de 1923 - 9 de decembro de 1960, finado) Arustinus Farah (7 de marzo de 1961 - 25 de agosto de 1977, nomeado arcebispo de Sahla e Fursul) Ilias Nixmi (7 de febreiro de 1978 - 5 de agosto de 1995, retirado) Xurx Riaxi (28 de xullo de 1995 - 3 de marzo de 2010, retirado) Iduar Dahir (9 de xullo de 2013 - actualidade)
Notas
Véxase tamén Perfil na páxina oficial do Patriarcado de Antioquía Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org
Categoría:Divisións territoriais católicas no Líbano Categoría:Divisións territoriais da Igrexa católica greco-melquita