O Palacio de Deportes de Murcia é un pavillón deportivo multiúsos da cidade de Murcia, España. O recinto serve de sede para o equipo de baloncesto UCAM Murcia e para o de fútbol sala ElPozo Murcia. Deseñado polo arquitecto Miguel Ángel Beloqui, foi construído en 1994, contando coas mellores innovacións existentes da época e custando máis de 4.500 millóns de pesetas. Ten unha capacidade total de 7.454 espectadores (6.026 en bancadas fixas e 1.428 en bancadas móbiles), ampliable a preto de 9.000 con bancadas supletorias. Está situado na Avenida del Rocío, na zona da capital murciana coñecida como Las Atalayas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información na web de Deportes do Concello de Murcia
Categoría:Pavillóns de España Categoría:Pavillóns de baloncesto de España Categoría:Deporte en Murcia