Esta é unha guía de episodios da serie de televisión Falcóns do espacio, creada por Anderson Burr Pictures Ltd., transmitida por primeira vez na ITV en 1983. Son un total de 39 episodios, propoñendose nesta lista unha orde de transmisión (non hai por que cinguirse estritamente a esta lista), foron filmadas en dous bloques de produción nos Bray Studios de Berkshire dende xaneiro de 1983 ata agosto de 1984, cun orzamento combinado de 6,4 millóns £ da época. Os 26 episodios do primeiro bloque de produción emitíronse como dúas tempadas, de outubro a decembro de 1983 e de setembro a decembro de 1984; a terceira tempada, que comprende os 13 episodios finais, foi emitida de maio a xullo de 1986Bentley, Chris (2008): The Complete Gerry Anderson: The Authorised Episode Guide (4 ed.). Reynolds and Hearn (Richmond, Londres). ISBN 978-1-905287-74-1.

Primeira tempada Esta serie de ciencia ficción aparece por primeira vez na televisión rexional Central Television os sábados pola mañá, logo noutras televisións rexionais da ITV, como a London Weekend, nas tardes do domingo. Os dous últimos episodios, "A Christmas Miracle" e "To Catch a Tiger", foron transmitidos en toda a rede nacional nas mañás do sábado.

Ep. # Título Director GuiónCoa excepción do episodio piloto, dividido en dous capítulos; "Expect the Unexpected" (escrito por Gerry Anderson), o episodio 10 da primeira tempada; "From Here To Infinity" e o 12 da terceira tempada; "The Sporilla" (escritos por Donald James baixo distintos pseudónimos) e mais o episodio 12 da segunda tempada; "The Midas Touch" (escrito por Tony Barwick e Trevor Lansdown), tódolos episodios de Falcóns do espacio foron escritos por Tony Barwick baixo distintos pseudónimos. Data da primeira emisiónTodas elas cadeas propiedade da ITV. Código de produción

Segunda tempada Os episodios de Falcóns do espacio foron transmitidos na súa maioría en toda a rede nacional, emitidos en Anglia, Border, Central, Granada, London Weekend e Tyne Tees. Tamén se emitiron na cadea rexional Yorkshire Television, á vez que nas outras cadeas, pero nas tardes do domingo (sendo a programación ás veces diferente nalgunhas cadeas rexionais como a Grampian Television).

Ep. # Título Director Guión Data da primeira emisión Código de produción

Terceira tempada Os 13 episodios do segundo bloque de produción foron transmitidos en toda a rede de canles da ITV. Tamén nas canles rexiónais simultaneamente, as mañás do sábado. Antes de facer a súa primeira aparición na televisión británica, a terceira tempada foi emitida no Xapón, con oito episodios, ó igual que nos Estados Unidos.

Ep. # Título Director Guión Data da primeira emisión na ITVA terceira tempada foi emitida previamente no Xapón, con oito episodios, ó igual que nos Estados Unidos, antes de ser transmitida en toda a rede da ITV (ITV Network). Código de produciónOs Códigos de produción comezan en 27 para resolver a incoherencia na numeración que se produce ó dividir en dous o episodio piloto; "Expect the Unexpected", mostrando deste modo o número de episodios distintos que se fixeron para o primeiro bloque de produción.

Notas

Falcóns do espacio