Fernando Pablo Mariño de Lobeira Nieto, nado en Palencia o 8 de marzo de 1712, foi un aristócrata galego do século XVIII da Casa Mariño de Lobeira.

Traxectoria Morgado de Fernando Pablo Mariño de Lobeira Quirós, herdou deste os títulos de marqués da Serra e viceconde de Albeos, e da súa nai Isabel Nieto os de conde de Guaro e conde do Arco.

Con vinte anos casou coa dama betanceira Micaela Pardo de Figueroa, coa que tivo catro fillas; entre elas, a herdeira Rosario Mariño de Lobeira.

Categoría:Casa Mariño de Lobeira Categoría:Nobres de Galicia Categoría:Nados en Palencia Categoría:Nados en 1712 Categoría:Finados en ano descoñecido