miniatura A prelatura territorial de Trondheim (en ) é unha sé da Igrexa Católica Latina inmediatamente suxeita á Santa Sé. En 2004 tiña 3.228 bautizados sobre unha poboación total de 640.105 habitantes. A sé está vacante dende 2009, e o seu administrador apostólico é o bispo de Oslo, Bernt Ivar Eidsvig.
Territorio A prelatura territorial abrangue os condados de Møre og Romsdal, Sør-Trøndelag e Nord-Trøndelag. Limita ao sur coa diocese de Oslo, ao nordeste coa prelatura territorial de Tromsø, e ao sueste coa diocese de Estocolmo.
A sé prelaticia é a cidade de Trondheim, antigamente chamada Nidaros, onde está a catedral de Santo Olaf. O territorio está organizado en 5 parroquias.
Historia Na Idade Media Trondheim, entón chamada "Nidaros", era sé arcebispal, suprimida coa reforma protestante en 1537.
O 7 de abril de 1931, co breve Supremi Apostolatus, o papa Pío XI erixiu a misión sui iuris da Noruega central, en territorios da vigairía apostólica de Noruega.
O 10 de marzo de 1944 a misión sui iuris foi elevada ao rango de prefectura apostólica coa bula Digna sane do papa Pío XII.
O 4 de febreiro de 1953 a prefectura apostólica foi elevada ao rango de vigairía apostolica coa bula Sollemne est Nobis do mesmo Pío XII.
O 28 de marzo de 1979, coa bula Cum Nobis, o papa Xoán Paulo II elevou a vigairía ao rango de prelatura territorial, dándolle o nome actual.
Episcopoloxio Cyprian Witte (30 de xaneiro de 1932 - 15 de abril de 1945, finado) Antonius Deutsch (14 de decembro de 1945 - 1953, renuncia) Johann Rüth (4 de febreiro de 1953 - 25 de marzo de 1974, retirado) Gerhard Schwenzer (29 de agosto de 1975 - 2 de xuño de 1981, nomeado bispo coadxutor de Oslo) Georg Müller (20 de xuño de 1997 - 8 de xuño de 2009, renuncia) Erik Varden (1 de outubro de 2019 - actualidade)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial Perfil en Catholic-Hierarchy.org Perfil en GCatholic.org
Categoría:Divisións territoriais católicas en Noruega Categoría:Prelaturas territoriais da Igrexa Católica Latina