Alfonso José Agustín Ortega Prada, nado en San Justo (Zamora) o 17 de maio de 1902 e finado en Torre del Bierzo o 3 de xaneiro de 1944, foi un político galego.

Traxectoria Fillo primoxénito de José Ortega Pérez, de Cádavos, e Resurrección Prada Alonso. Estudou na Escola de Primeiras Letras das Ermidas e máis tarde entrou no Seminario de Astorga, onde completou os estudos. Alí fixo amizade con Clemente Fernández Lorenzo. Traballou no Bierzo levando o economato dunha empresa carbonífera ata o seu traslado a Madrid. En 1930 regresou a Galicia como representante comercial de Licores Méndez. Dous anos despois rematou a construción da súa casa en Xares. Militante socialista, dende setembro de 1933 foi secretario da Sociedade Agraria de Xares, adscrita a UGT, e dende febreiro de 1936 oficial primeiro do concello da Veiga.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. A súa casa foi saqueada, a súa muller tivo que refuxiarse na casa dos pais e as súas irmás foron detidas e finalmente deportadas a Fuentesaúco. Adoptou a identidade do seu cuñado e comezou a traballar de xornaleiro na comarca de Valdeorras. Ao ser recoñecido tivo que marchar ao Bierzo. Instalouse como xornaleiro en San Martín de Carracedo e de alí pasou a Carracedelo dedicándose a traballar na madeira. En 1943 tentou montar un serradoiro en Toural dos Vaos. Cando regresaba de Brañuelas morreu no accidente de Torre del Bierzo. Vida persoal Casou con Generosa Lorenzo Escuredo en Matarrosa del Sil o 26 de novembro de 1926.

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Alfonso Ortega Prada. memorias. Alfonso Ortega Prada (1902-1944), República e Socialismo

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Represaliados polo franquismo

Categoría:Nados na provincia de Zamora Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1944