Benigno Lameiro Bermúdez, nado na Veiga cara a 1911 e finado en Buenos Aires nos anos sesenta, foi un político galego.
Traxectoria Curmán de José Lameiro Bermúdez. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochouse con Clemente Vidal e o seu curmán, e cando a Garda Civil rodeou a súa casa para detelo en setembro, enfrontouse con eles e logrou fuxir. Pasou a Portugal, colleu un barco e chegou a Marsella e de alí pasouse ao exército republicano onde combateu na guerra civil. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en febreiro de 1937.La Región, 6-2-1937, p. 2. Ao rematar a guerra pasou a Francia e exiliouse en Chile. Despois instalouse na Arxentina. Finou en Buenos Aires nos anos sesenta, vítima dun accidente de tráfico.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Ficha no Repertorio biobibliográfico do exilio galego como Benigno Lameira Bermúdez. Benigno Lameiro: El izquierdista de A Veiga que acabó vendiendo chicles en Buenos Aires
Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Chile Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados na Veiga Categoría:Nados en 1911 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes