Cesáreo Rivera Abraldes, nado en Ribadavia e finado en Pontevedra a finais de abril de 1910,El Diario de Pontevedra, 29-4-1910, p. 3.La Libertad, 30-4-1910, p. 2. foi un político republicano galego. Traxectoria dereita|miniatura|Guía de Galicia de Rivera e Vázquez, 1883.
Militante do Partido Republicano Federal. Foi alcalde de Ribadavia no Sexenio Democrático, e despois foi elixido deputado a Cortes Constituíntes nas eleccións de 1873. Formou parte da comitiva ourensá do Partido Republicano Federal que asinou o pacto republicano federal galaico-ástur na Coruña o 18 de xullo de 1869. Pertenceu á masonería. O concello de Ribadavia dedicoulle unha rúa. No cemiterio civil de Ribadavia consérvase un cenotafio na súa honra levantado en 1933.
Obras Guía de Galicia, 1883 (con Víctor María Vázquez Rodríguez)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas «Rivera fue una figura singular», noticia en La Voz de Galicia
Categoría:Alcaldes de Ribadavia Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Finados en 1910 Categoría:Nados no século XIX