Nihad Đedović, nado en Višegrad o 12 de xaneiro de 1990, é un xogador de baloncesto profesional bosníaco, que xoga actualmente no Unicaja Málaga da Liga ACB. Pode xogar de escolta ou de ala, mide 1,98 metros e pesa 90 quilos.
Traxectoria Đedović comezou a súa carreira no KK Bosna bosníaco, pero fichou polo FC Barcelona con tan só 16 anos. Apenas tivo minutos co Barcelona, e pasou case todo o tempo cedido no CB Cornellà, no Obradoiro CAB e no Virtus Roma. Tras deixar o Barcelona, xogou para o Galatasaray e o Alba Berlin.
En xullo de 2013, asinou co FC Bayern München. En xullo de 2014, asinou un novo contrato de dous anos de duración co Bayern München.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil en Euroleague.net
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados na República Serbia Categoría:Xogadores de baloncesto de Bosnia e Hercegovina Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores do KK Bosna Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do CB Cornellà Categoría:Xogadores do Obradoiro CAB Categoría:Xogadores do Pallacanestro Virtus Roma Categoría:Xogadores do Galatasaray SK (baloncesto) Categoría:Xogadores do ALBA Berlin Categoría:Xogadores do FC Bayern München (baloncesto) Categoría:Xogadores do CB Málaga