Rogelio Civeira Pereira, nado no Carballiño e finado na mesma vila en xuño de 1922Diario de Pontevedra, 17-6-1922, p. 2., foi un poeta e dramaturgo galego.
Traxectoria Xefe de negociado de Facenda. Estivo destinado na Coruña. En 1875 estreou en Ourense a peza cómica Un novio para Rosita. Foi autor da peza teatral A orfa de San Lorenzo, que foi premiada no certame literario de O Galiciano (1886). Gañou o premio dos Xogos Florais de Betanzos de 1886 ao mellor traballo humorístico sobre o tema "¿Es conveniente el baile?" coa obra ¿Convén o baile?. Tamén escribiu poemas en galego que apareceron en El Heraldo Gallego.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados no Carballiño Categoría:Finados en 1922 Categoría:Nados no século XIX Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Nados en ano descoñecido