Alberto Policarpo Álvarez Sanmartín, chamado artisticamente Alberto Carpo, nado en León o 21 de decembro de 1936 e finado na Coruña o 11 de xaneiro de 2015, foi un pintor galego.
Traxectoria Mudouse coa súa familia á Coruña cando aínda era un nenoAlberto Carpo pintor, TV Coruña, 2010, publicado en YouTube en 2012., e na cidade herculina botou a maior parte da súa vida. En 1960 abandonou os seus estudos universitarios para formouse en París, primeiro no deseño de moda e logo nas artes gráficas e deseño publicitario. Despois de cinco anos na capital francesa proseguiu a súa carreira en Barcelona, Madrid e finalmente na CoruñaAdeus a Alberto Carpo , Vivir na Coruña, revista cultural coruñesa, 11 de xaneiro de 2015..
Alberto Carpo foi encadrado no grupo A carón coruñés, a canda Mon Vasco, Xoti de Luis, Manuela Folgado, Jaime Cabanas, Xosé Tomé, Elvira Blanco, José Eduardo Martínez, Chelín, Rafael Correa Corredoira, Enrique Ferrer e Alberto Permuy, Pintura Contemporánea en Galicia, Caixa Galicia, 1987..
A súa arte é fundamentalmente figurativa, onde predominan a representación de mulleres. Tamén destacou como retratista de personalidades do seu tempo, entre os que estiveron Camilo José Cela ou Manuel Fraga, e como autor de autorretratos.
Obra Parte da súa obra foi adquirida por algunhas das coleccións de arte máis importantes de Galicia, como a de ABANCA, a da Deputación da Coruña ou a do Concello da Coruña.
En 2011 expuxo na Coruña, comisariada polo concello, unha antolóxica da súa obra titulada Testemuño.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Reportaxe de TV Coruña sobre o autor (2010-12)
Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados en León Categoría:Finados en 2015