Os drosofílidos (Drosophilidae) son unha familia de dípteros (moscas) diversa e cosmopolita, denominadas "moscas da froita" ou "do vinagre" (as moscas doutra familia, a Tephritidae, tamén se denominan moscas da froita, e non se deben confundir con estas). A especie máis coñecida da familia Drosophilidae é Drosophila melanogaster, que se utiliza amplamente como organismo modelo en estudos de xenética, desenvolvemento, fisioloxía, ecoloxía e comportamento. Estas moscas teñen unhas vidas moi curtas e presentan un envellecemento gradual. Identificáronse varios xenes que poden manipularse para ampliar a vida destes insectos.

Importancia económica En xeral estas moscas considéranse unha molestia, pero raramente unha praga, xa que a maioría das especies crían sobre vexetais podres. A especie Zaprionus indianus Gupta é pouco usual entre as Drosophilidae porque é unha praga importante para as colleitas comerciais de figos no Brasil. Outra especie, Drosophila suzukii, infesta froitos de pel fina como framboesas e cereixas e pode ser unha praga agrícola importante.Drosophila suzukii Center of Invasive Species Research As larvas de Drosophila repleta habitan desaugadoiros e poden espallar bacterias. Estas moscas da froita considéranse en xeral un vector común na propagación de bacterias do ácido acéticoVinegars of the World. Chapter 5. ISBN 978-88-470-0865-6 na natureza, o cal a miúdo estraga o proceso de fermentación alcohólica e pode arruinar o viño e a cervexa ao avinagralos.

Identificación Entre os caracteres diagnósticos das Drosophilidae están a presenza dunha vea subcostal incompleta, dúas interrupcións na vea costal, e unha pequena cela anal na á; sedas postocelares converxentes; e xeralmente tres sedas frontais a cada lado da cabeza, unha dirixida cara a adiante e as outras dúas dirixidas cara a atrás. Unha lista máis exhaustiva de características para a identificación poden atoparse en "Drosophila: A Guide to Species Identification and Use" de Therese A. Markow e Patrick O'Grady, (Academic Press, 2005) ISBN 0-12-473052-3, ou en "Drosophila: A Laboratory Handbook" de M. Ashburner, K. Golic, S. Hawley, (Cold Spring Harbor Laboratory Press, 2005).

Comportamento

Cando estas moscas ven femias de avespas endoparasitoides, pasan a poñer os seus ovos en froitas podres que conteñen alcohol; o cal as protexe de converterse en hóspedes das larvas da avespa, xa que estas teñen unha baixa tolerancia ao alcohol.

Filoxenia miniatura|Probóscide. miniatura|Vista frontal. miniatura|Vista lateral. miniatura| Ollo composto.

A familia contén máis de 4.000 especies clasificadas en 75 xéneros. Recentemente, publicouse unha clasificación filoxenética comprensiva dos xéneros baseada tanto en caracteres morfolóxicos coma moleculares.Yassin, Amir (2013) "Phylogenetic classification of the Drosophilidae Rondani (Diptera): the role of morphology in the post-genomic era". Systematic Entomology 38(2): 349-364 Subfamilia Drosophilinae Rondani, 1856: Tribo Colocasiomyini Okada, 1989: Xénero Baeodrosophila Wheeler & Takada, 1964 Xénero Balara Bock, 1982 Xénero Chymomyza Czerny, 1903 Xénero Colocasiomyia de Meijere, 1914 Xénero Lissocephala Malloch, 1929 Xénero Neotanygastrella Duda, 1925 Xénero Phorticella Duda, 1924 Xénero Scaptodrosophila Duda, 1923 Xénero Protochymomyza Grimaldi, 1987 Tribo Drosophilini Okada, 1989: Xénero Arengomyia Yafuso & Toda, 2008 Xénero Bialba Bock, 1989 Xénero Calodrosophila Wheeler & Takada, 1964 Xénero Celidosoma Hardy, 1965 Xénero Collessia Bock, 1982 Xénero Dettopsomyia Lamb, 1914 Xénero Dichaetophora Duda, 1940 Xénero Dicladochaeta Malloch, 1932 Xénero Drosophila Fallén, 1823 Xénero Hirtodrosophila Duda, 1923 Xénero Hypselothyrea Okada, 1956 Xénero Idiomyia Grimshaw, 1901 (Hawaiian Drosophila) Xénero Jeannelopsis Séguy, 1938 Xénero Laccodrosophila Duda, 1927 Xénero Liodrosophila Duda, 1922 Xénero Lordiphosa Basden, 1961 Xénero Microdrosophila Malloch, 1921 Xénero Miomyia Grimaldi, 1987 Xénero Mulgravea Bock, 1982 Xénero Mycodrosophila Oldenberg, 1914 Xénero Palmomyia Grimaldi, 2003 Xénero Paraliodrosophila Duda, 1925 Xéneros Paramycodrosophila Duda, 1924 Xénero Poliocephala Bock, 1989 Xénero Samoaia Malloch, 1934 Xénero Scaptomyza Hardy, 1849 Xénero Sphaerogastrella Duda, 1922 Xénero Styloptera Duda, 1924 Xénero Tambourella Wheeler, 1957 Xénero Zaprionus Coquillett, 1902 Xénero Zaropunis Tsacas, 1990 Xénero Zapriothrica Wheeler, 1956 Xénero Zygothrica Wiedemann, 1830 Incertae sedis: Xénero Marquesia Malloch, 1932 Subfamilia Steganinae Hendel, 1917: Tribo Gitonini Grimaldi, 1990: Xénero Allopygaea Tsacas, 2000 Xénero Acletoxenus Frauenfeld, 1868 Xénero Amiota Loew, 1862 Xénero Apenthecia Tsacas, 1983 Xénero Apsiphortica Okada, 1971 Xénero Cacoxenus Loew, 1858 Xénero Crincosia Bock, 1982 Xénero Electrophortica Hennig, 1965 Xénero Erima Kertész, 1899 Xénero Gitona Meigen, 1830 Xénero Hyalistata Wheeler, 1960 Xénero Luzonimyia Malloch, 1926 Xénero Mayagueza Wheeler, 1960 Xénero Paracacoxenus Hardy & Wheeler, 1960 Xénero Paraleucophenga Hendel, 1914 Xénero Paraphortica Duda, 1934 Xénero Phortica Schiner, 1862 Xénero Pseudiastata Coquillett, 1901 Xénero Pseudocacoxenus Duda, 1925 Xénero Rhinoleucophenga Hendel, 1917 Xénero Soederbomia Hendel, 1938 Xénero Trachyleucophenga Hendel, 1917 Tribo Steganini Okada, 1989: Xénero Eostegana Hendel, 1913 Xénero Leucophenga Mik, 1866 Xénero Pararhinoleucophenga Duda, 1924 Xénero Parastegana Okada, 1971 Xénero Pseudostegana Okada, 1978 Xénero Stegana Meigen, 1830 Incertae sedis: Xénero Neorhinoleucophenga Duda, 1924 Xénero Pyrgometopa Kertész, 1901

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Drosophilidae en italiano Diptera.info galería de fotos, en inglés Familia Drosophilidae no EOL, en inglés, imaxes

Categoría:Dípteros