Polaciones é un concello da comunidade autónoma de Cantabria, situado na comarca de Saja-Nansa. Limita ao norte con Tudanca e Rionansa, ao leste coa Mancomunidade Campoo-Cabuérniga, ao sur coa provincia de Palencia e Hermandad de Campoo de Suso e ao oeste con Cabezón de Liébana e Pesaguero. Está situado no curso alto do río Nansa, no extremo suroccidental de Cantabria e a 104 quilómetros de Santander. É o val máis alto da comunidade autónoma cántabra. Localidades O val de Polaciones consta de nove vilas e tres núcleos de poboación máis pequenos, que son:

Belmonte, 20 hab. Callecedo (Callecéu), 14 hab. Cotillos, 6 hab. La Laguna (La Llaúna), 12 hab. Lombraña (Capital), 13 hab. Pejanda, 15 hab. Puente Pumar (La Puente), 48 hab. Salceda (Zarcea), 16 hab. San Mamés, 23 hab. Santa Eulalia (Santa Olalla), 10 hab. Tresabuela, 29 hab. Uznayo (Uznayu), 43 hab.

(Datos de poboación de 2006).

Demografía

Evolución demográfica do concello (1900-2007) 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2000 2007 1.140 1.270 1.245 1.279 1.199 1.164 994 689 423 258 294 263 Fonte: INE

Administración Teodoro Ruiz Quevedo (PRC) é o actual alcalde do concello. As seguintes táboas amosan os resultados das eleccións municipais de 2003 e 2007.Resultados electorais de Polaciones no xornal ElPaís

Eleccións municipais, 25 de maio de 2003 Partido Votos % Concelleiros PRC 158 69,60 % 6 PP 50 22,03 % 1

Alcalde electo: Teodoro Ruiz Quevedo (PRC).Eleccións municipais, 27 de maio de 2007 Partido Votos % Concelleiros PRC 170 68 % 5 PP 67 26,8 % 2

Alcalde electo: Teodoro Ruiz Quevedo (PRC).

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Facebook oficial de Polaciones