miniatura|Un prato de Rússkie pirozhkí. Os pierogi (outras posíbeis denominacións: perogi, perogy, piroghi, ou pyrohy), en Rusia coñecido coma pirozhkí ou varéniki, é un dos pratos máis típicos da Europa do leste, principalmente da cociña polonesa, ucraína e rusa. Pierogi é a denominación en plural deste prato (en polaco pieróg). A verba provén da forma do eslavo arcaico "pir" (festividade).

Consiste en pasta rechea de diferentes tipos e variedades de vexetais (posúe algunha similitude cos ravioli).

Orixe Os pierogi seica teñen a súa orixe nos países da Europa central e oriental; son moitos os países desta área que claman pola orixinalidade da súa invención, como Polonia, Rusia, Lituania, Ucraína, Eslovaquia, e República Checa. Téñense atopado semellanzas con algúns pratos orientais coma os jiaozi, dando lugar á especulación (ben fundada ou non) de que foran as invasións mongois e tártaras as que levaron esta receita ao leste de Europa. miniatura|Pierogi en elaboración.

Características Pierogi son un tipo de pasta con forma semicircular que adoitan estar recheos de queixo, puré de patacas, repolo, cebolas, carne, ovo cocido (este elemento é máis específico dos Menonitas), ou calquera combinación deles, podendo levar incluso un recheo de froita. Adóitanse fritir ou cocer até flotaren na tona da auga e posteriormente úntanse con manteiga ou aceite; as alternativas inclúen a tradición menonita de cociñar e servir cun borsch (caldo), e a polonesa de cocer e posteriormente fritir en manteiga.

En Rusia sérvense cunha boa cantidade de smetana, e acompáñase con anacos de touciño entrefebrado ou cebolas fritidas. Os máis populares recheos son de queixo, puré de patacas e cebolas. Cando son de forma redonda e recheos de carne denomínanse pelmeni (пельмени) e son orixinarios de Asia, son moi populares ao longo de toda Rusia, así coma nalgunhas outras exrepúblicas soviéticas.

É doado atopar pirozhkí, pelmeni e varéniki en calquera parte de Rusia, así coma nos países onde existan comunidades destas nacionalidades.

Véxase tamén

Outros artigos Pittsburgh Cleveland syrniki varéniki Iaosi Empanadilla

Ligazóns externas Latvian Piragi and Associated Folklore Glendon, AB Giant Perogy Receita para preparar perogi tradicionais Annual Pierogi Festival en Whiting, Indiana

Categoría:Pastas Categoría:Empanadas Categoría:Gastronomía da República Checa Categoría:Gastronomía de Lituania Categoría:Gastronomía de Rusia Categoría:Gastronomía de Ucraína Categoría:Gastronomía de Polonia