En medicina, unha área intertrixinosa é aquela na que poden tocarse ou rozar dúas áreas da pel. Exemplos de áreas intertrixinosas son a axila, o perineo, zonas do nariz, pregamentos da pel dos seos, e as zonas entre os dedos. As áreas intertrixinosas albergan grandes cantidades de organismos aerobios como bacterias de tipo coco e corineformes, as cales forman parte normal da flora da pel.
Este adxectivo utilízase tamén para designar as infeccións nesas áreas: dermatite intertrixinosa (ou intertrixe), candidíase intertrixinosa (polo fungo Candida).
Notas
http://www.biology-online.org/dictionary/Intertriginous Medscape intertrigo Leyden J. Pathophysiology of certain bacterial diseases. In: Soter N, Baden H, eds. Pathophysiology of Dermatologic diseases. Nova York: McGraw-Hill, 1991:427-51
Categoría:Termos médicos Categoría:Pel