Blanca Romero Ezama, nada en Xixón o 2 de maio de 1976, é unha actriz, cantante e modelo asturiana.

Traxectoria Con 14 anos ofrecéronlle facer o seu primeiro desfile nunha boutique de Xixón. A raíz de aí se empezou a interesar no tema da moda e con 17 anos trasladouse a Madrid e dous anos despois a París para traballar en revistas de moda como Givenchy ou Madame.

A súa primeira canción compúxoa en 2001, cando non podía saír da casa duns amigos en Xixón debido a un terrible tempo. Durante eses 15 días decidiu compoñela. A mediados de 2006, co nome artístico de "La Perra", comezou unha carreira musical que non tivo continuidade.

Interveu nalgunhas reportaxes de Puntodoc (Antena 3) e El club de Flo (La Sexta), intervención grazas á cal o equipo de Física o química (Antena 3) se fixou nela, dando o salto á interpretación. Tamén apareceu en Las mañanas de Cuatro, After e en Supermodelo 2006. Foi portada en diversas ocasións de Elle e posou núa para denunciar a grave situación da auga, sendo modelo da Expo Zaragoza 2008.

En 2015 estreou a serie Bajo sospecha en Antena 3, onde interpreta o papel de policía infiltrada xunto a Yon González.

Televisión {| border="1" cellpadding="2" cellspacing="0" style="margin: 1em 1em 1em 0; background: #f9f9f9; border: 1px #aaa solid; border-collapse: collapse; font-size: 90%;" |- bgcolor="#CCCCCC" align="center" ! colspan="4" style="background: LightSteelBlue;" |Series de televisión |- bgcolor="#CCCCCC" align="center" ! Ano !! Título !! Papel !! Notas |- |2008-2009, 2011 |Física o química |Irene Calvo |Papel principal (48 episodios)

|2013 |L'Isola |Tara Rival |Papel principal (12 episodios) |- |2015-presente |Bajo sospecha |Laura Cortés/ Laura González Samprieto |Papel principal (13 episodios)

Cine Filmes Ano Título Papel Notas 2009 After Ana Papel principal 2011 Los muertos no se tocan, nene Clara Papel principal 2012 Fin Covadonga "Cova" Papel principal 2013 El amor no es lo que era Paz Papel principal

Premios e candidaturas 2009: Gañadora do Premio Mujer Cosmopolitan “Fun Fearless Female” á Mellor Actriz de Cine por "After". 2010: Candidata ao Premio Goya á mellor actriz revelación por After''.

Vida privada No ámbito persoal, deu a luz a Lucía en 1998. Mantivo relacións sentimentais con Joaquín Cortés ou Cayetano Rivera Ordóñez, co que estivo casada entre 2001 e 2004. O 21 de xullo de 2012, foi nai por segunda vez dun neno, Martín.

Notas

Categoría:Actores de Asturias Categoría:Modelos femininas de España Categoría:Nados en Xixón Categoría:Nados en 1976