Rosa Novell Clausells, nada en Barcelona en 1953 e finada na mesma cidade o 27 de febreiro de 2015, foi unha actriz e directora escénica catalá. Era irmá do xornalista e actor Queco Novell e dona do escritor Eduardo Mendoza.

Traxectoria Debutou no teatro en 1974 con "Les Troianes", traballando en numerosas obras dende entón como "La Senyora Florentina i el seu amor Homer" (1995) de Sándor Márai, "La noche de Molly Bloom" (2000), "Coriolano" (2002) de Shakespeare, "Zona zero (2003)", "Fi de partida" (2005), "Vells temps" (2006) e "Mòbil" (2007). Tamén participou en filmes e series de televisión, como Nissaga de poder ou El cor de la ciutat.

En outubro de 2014 reapareceu nos escenarios despois de quedar cega a causa do cancro de pulmón que padecía e que finalmente non puido superar. Faleceu o 27 de febreiro de 2015.

Premios e candidaturas Premio Nacional de Interpretación en 1988. Creu de Sant Jordi en 2007. Premio Butaca Honorífica á súa traxectoria en 2014.

Notas

Categoría:Actores de Cataluña Categoría:Actores de teatro Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1953 Categoría:Finados en 2015