Francis Harry Compton Crick, nado en Weston Favell (Northamptonshire) o 8 de xuño de 1916 e finado en San Diego (California) o 28 de xullo de 2004, foi un físico, biólogo molecular e neurocientífico inglés, coñecido sobre todo por ser un dos dous descubridores da estrutura molecular do ADN no 1953, xunto con James D. Watson.
Recibiu, xunto a James D. Watson e Maurice Wilkins o Premio Nobel de Medicina no 1962 "polos seus descubrimentos relativos á estrutura molecular dos ácidos nucleicos e a súa importancia para a transferencia de información na materia viva".
Véxase tamén Ligazóns externas "Molecular structure of Nucleic Acids", artigo na revista Nature onde presentaba o ADN por vez primeira
Categoría:Biólogos do Reino Unido Categoría:Premio Nobel de Medicina Categoría:Nados en Northamptonshire Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 2004 Categoría:Finados por cancro colorrectal