miniatura|Traquizoítos de Toxoplasma gondii vistos con microscopio electrónico de transmisión. Roptrías: ro (facer clic para ampliar). miniatura|Esquema dun apicomplexo. O número 4 son as roptrías.
As roptrías son orgánulos especializados na secreción propios de certos protozoos parasitos. Teñen aspecto de vesículas con forma de maza e están conectados por delgadas prolongacións ou pescozos ao polo apical do parasito. Estes orgánulos, xunto cos micronemas, son característicos e exclusivos dos estadios móbiles dos protozoos Apicomplexa, como por exemplo Plasmodium falciparum ou Toxoplasma gondii. Poden variar en número e forma e conteñen numerosos encimas, que se liberan durante o proceso de penetración do parasito no hóspede, polo que son importantes na interacción hóspede-parasito.
Notas
Categoría:Orgánulos Categoría:Apicomplexos