MR-501B é a designación dun tipo de motor foguete monopropelente utilizado por varios satélites artificiais.
Características Os motores MR-501B son fabricados e comercializados por Aerojet Rocketdyne para diferentes satélites, como o BSAT-2. Úsanse para control de actitude e utilizan como único propelente hidracina, que é acendida electrotermicamente. O motor necesita 493 vatios de potencia eléctrica que son subministrados a 24 voltios de corrente continua.
Notas
Véxase tamén Outros artigos MR-103 MR-104 MR-106 MR-107 MR-111 MR-120 MR-50
Categoría:Motores foguete