¡Copiad, malditos! Derechos de autor en la era digital é un documental español estreado en maio de 2011 e dirixido por Stéphane M. Grueso. O proxecto observa as alternativas de produción audiovisual de licenzas libres en España.

Orixe Xorde como resposta ós cambios drásticos nas políticas de protección de propiedade intelectual acontecidos en España e outros países do mundo, endurecidas debido ó auxe de compartir datos na era dixital, o P2P e Internet de banda larga. Este endurecemento das leis xerou a reafirmación dos dereitos públicos ó redor da cultura e o coñecemento e o xurdimento de comunidades ben establecidas e asesoradas legalmente, que crean materiais multimedia libres do tradicional copyright e licenzas e documentos que avalen compartir os materiais.

¡Copiad, malditos! é un exercicio que mostra de forma autoreflexiva a aplicación das leis e o uso de licenzas para desenvolver materiais multimedia libres. O documental e todos os seus materiais adicionais editáronse cunha Licenza Creative Commons BY/NC 3.0 Unported, sendo esta a primeira vez en España que unha canle de televisión (en concreto RTVE) coproduce un contido cunha licenza aberta Creative Commons.

Materiais publicados

miniatura|Stéphane M. Grueso, director do documental.

¡COPIAD, MALDITOS! – DVD1 (3.6 GB) Documental "¡COPIAD, MALDITOS!" Trailer Killed Darlings - Escenas que non se incluíron na montaxe final e que foron rescatadas polo director Clips ¿Qué significa para ti la palabra 'COPIAR'? Fotos/Frames do documental AudioClips - Música orixinal composta para o documental.

ENTREVISTAS – DVD2 (3.9 GB) José Manuel Tourné, Director Xeral da FAP - vídeo da entrevista (42 min) Richard Stallman, programador, Free Software Foundation - vídeo da entrevista (22 min) Lorenzo Silva, escritor - vídeo da entrevista (46 min) Simona Levi, eXgae - vídeo da entrevista (38 min) Blas Garzón, libraría asociativa, editorial e distribuidora Traficantes de Sueños - vídeo da entrevista (31 min) Julián Ríos, Profesor de Dereito Penal - vídeo da entrevista (22 min) Simone Bosé, Presidente EMI Music Iberia - vídeo da entrevista (40 min) Lutz Emmerich, Country Manager, Spotify Spain - vídeo da entrevista (19 min) Antonio Guisasola, Presidente PROMUSICAE - vídeo da entrevista (26 min) Mario López, hostaleiro, ADEMYC Montijo - vídeo da entrevista (29 min) Javier de la Cueva, avogado - vídeo da entrevista (1 h 19 min) Magdalena Vinent, Directora Xeral de CEDRO - vídeo da entrevista (33 min) Fernando Évole, Conselleiro Delegado de Yelmo Cineplex - vídeo da entrevista (26 min) José Pérez de Lama, Profesor de Arquitectura - Director Adx. do CID - vídeo da entrevista (37 min) David Bravo, avogado - vídeo da entrevista (1h 17min)

ENTREVISTAS - DVD3 (3.8 GB) Mario Pena, Director de negocios e comunidade de SAFE CREATIVE - vídeo da entrevista (55 min) Pilar Reyes, Directora Editorial de Alfaguara - vídeo da entrevista (44 min) Txema Arnedo, Dtor. Desenvolvemento Prop. Intelectual, MICROSOFT Ibérica - vídeo da entrevista (27 min) Nicolás Alcalá, Director da longametraxe El Cosmonauta - vídeo da entrevista (22 min) Ignacio Escolar, xornalista e escritor - vídeo da entrevista (26 min) Elena Cabrera, autoreverse netlabel - vídeo da entrevista (50 min) David García Aristegui, COMUNES, Radio Círculo FM - vídeo da entrevista (32 min) Alfonso Arias, Paputxi, Compositor da música orixinal de ¡Copiad, malditos! – vídeo da entrevista (26 min) Fernando González, Adxunto a Dirección, EGEDA - vídeo da entrevista (1h 21min) José Antonio Millán, escritor, editor e lingüista - vídeo da entrevista (36 min) Ignasi Labastida, Profesor, Univ. Barcelona. Creative Commons España - vídeo da entrevista (33 min) Enrique Loras, Director Xeral SGAE - vídeo da entrevista (44 min)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sección na web de RTVE onde exhiben o documental Descarga directa dos DVD Blog de ¡Copiad, malditos! en RTVE

Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de España Categoría:Documentais