Flavobacterium é un xénero de bacterias gramnegativas, con forma de bacilo con especies móbiles e non móbiles, que consta de 130 especies recoñecidas (http://www.bacterio.net/flavobacterium.html), e de 3 especies novas propostas (F. gondwanense, F. salegens, e F. scophthalmum). As flavobacterias atópanse no solo e auga doce en diversos ambientes. Varias especies causan doenzas en peixes de auga doce.

Flavobacterium psychrophilum causa doenzas na troita arco da vella e outros salmónidos. Flavobacterium columnare causa unha enfermidade en peixes de auga doce, como os siluriformes. Flavobacterium branchiophilum causa nas troitas unha enfermidade nas branquias.

A especie tipo do xénero é Flavobacterium aquatile (Frankland e Frankland 1889) Bergey et al. 1923. O nome do xénero significa "bacteria amarela".LPSN Flavobacterium

Notas

Categoría:Bacteroidetes