Moisés Blanco Paradelo, nado no Barco de Valdeorras o 5 de setembro de 1977, é un político galego do PPdeG.

Traxectoria Diplomado en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela. É mestre de música no colexio Divina Pastora do Barco. Técnico especialista en Informática de Xestión e técnico especialista en Protocolo e Relacións Institucionais. É concelleiro do PPdeG do Barco desde as eleccións municipais de 2003 e foi candidato á alcaldía nas municipais de 2007, 2011 e 2015. Foi deputado provincial (2007-2011) e vicepresidente segundo da Deputación de Ourense (2009-2011). Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas eleccións de 2012. É o portavoz do Grupo Popular en materia de novas tecnoloxías.

Véxase tamén Outros artigos

Eleccións municipais no Barco de Valdeorras Ligazóns externas Ficha no Parlamento de Galicia

Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Concelleiros do Barco de Valdeorras Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia

Categoría:Deputados da IX Lexislatura do Parlamento de Galicia

Categoría:Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia

Categoría:Nados no Barco de Valdeorras Categoría:Nados en 1977

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes