Mary Josephine Sherwood, nada en Newtonville (Massachusetts) o 3 de xaneiro de 1877Os censos de 1880 (Massachusetts, Middlesex, Newton Ward 2, District 474, page 55) e 1900 (Massachusetts, Middlesex, Newton Ward 2, District 895, page 19) indican que Mary Josephine Sherwood naceu de William Sherwood e Mary E. Tewksbury Sherwood en Massachusetts en xaneiro de 1877. e finada en Nova York o 12 de marzo de 1957 foi unha actriz e directora de teatro estadounidense coñecida como Josephine Hull.

Traxectoria Hull naceu en Massachusetts en 1877. Porén anos máis tarde quitouse anos.

Debutou como actriz en 1905 e tras anos como moza do coro casou co actor Shelly Hull en 1910. Trala temperá morte do seu marido retirouse ata 1923. Ao volver á interpretación comezou a empregar o seu nome de casada. O seu primeiro grande éxito foi Craig's Wife en 1926. Durante as décadas seguintes apareceu en tres grandes éxitos de Broadway, You Can't Take It With You (1936), Arsenic and Old Lace (1941) e Harvey (1944). Apareceu tamén nas adaptacións cinematográficas destas dúas últimas obras, gañando o Oscar á mellor actriz secundaria por Harvey.

Filmografía Ano Filme1929The Bishop's Candlesticks1932Careless LadyAfter Tomorrow1944Arsenic and Old Lace1950Harvey1951The Lady from Texas

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Carson, William Glasgow Bruce, Dear Josephine, the Theatrical Career of Josephine Hull, Norman: University of Oklahoma Press, 1963 Ligazóns externas

Papers, 1871-1957. Schlesinger Library, Radcliffe Institute, Harvard University.

Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Massachusetts Categoría:Nados no condado de Middlesex, Massachusetts Categoría:Nados en 1877 Categoría:Finados en 1957