Percival e outras historias é un libro de relatos de Xosé Luís Méndez Ferrín, publicado en 1958 por Editorial Galaxia. Está adicado a Ramón Piñeiro e Ramón Otero Pedrayo, e a primeira edición inclúe un prólogo de Francisco Fernández del Riego.

O libro inclúe catorce relatos: "Percival", "A cancela", "Os ollos de Kelma", "O asesino", "Nhadron", "Lorelai", "O verdugo", "Grieih", "O crime do chalet vermello", "Mantis religiosa", "O templo", "Philoctetes", "Triafo e o vento" e "O dique de area".

Edición O libro foi publicado por vez primeira na colección Illa Nova de Editorial Galaxia, en febreiro de 1958. En 2013 foi reeditado por Edicións Xerais de GaliciaFicha do libro na web de Xerais..

Traducións Ao éuscaro por Andrés Urrutia Badiola co título de Percival publicado en 1989 por HegatsFicha en BiTraGa.. Ao inglés por Benigno Fernández Salgado, John Rutherford e Xelís de Toro co título de Them and other stories publicado en 1996 por Planet BooksFicha en BiTraGa.. Ao castelán por Moncha Fuentes Arias e Víctor Fernández Freixanes co título de Percival en su bosque publicado en 1997 por Alianza Editorial, Col. MinibolsilloFicha en BiTraGa..

Notas

Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de 1958 Categoría:Obras literarias de Xosé Luís Méndez Ferrín