Elías Pedro HuayikTamén romanizado como Hoyek, Hoayek, Huwayek. (en , Ilias Butrus al-Huwayik), nado en Halta (Líbano) o 4 de decembro de 1843 e finado o 24 de decembro de 1931, foi o 72º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 6 de xaneiro de 1899 até o seu pasamento, e polo tanto cabeza da Igrexa Católica Maronita.
Traxectoria Primeiros anos Ilias Huayik naceu en Halta, no distrito de Batrun, o 4 de decembro de 1843. Foi o maior de sete irmáns, 3 homes e 4 mulleres: Sadala, Liun, Mubarki, Nura, Marina e Mahmoubi, quen sería superior xeral do convento de San Xoán de Hiraxi, no distrito de Kisruan.
Manifestou interese por estudar, e os seus pais enviárono á escola de San Xoán Marón en Kfar Hai en 1851, e onde estivo até 1859.
Estudou no seminario de San Marón e foi ordenado sacerdote en 1870.
Bispo Foi nomeado arcebispo auxiliar do patriarcado de Antioquía e todo o Levante e arcebispo auxiliar de Arca in Armenia, e recibiu a consagración episcopal o 14 de decembro de 1889, de mans do patriarca de Antioquía e todo o Levante Paulo I Pedro.
O 6 de xaneiro de 1899 Huayik foi elixido patriarca dos maronitas, cargo que exerceu até a súa morte o 24 de decembro de 1931.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1843 Categoría:Nados na gobernación do Líbano Setentrional Categoría:Bispos católicos do Líbano Categoría:Bispos da Igrexa católica maronita Categoría:Patriarcas maronitas de Antioquía Categoría:Finados en 1931 Categoría:Bispos católicos do século XX Categoría:Bispos católicos do século XXI