Monetaria caputserpentis é unha especie de gasterópodos da familia Cypraeidae.

Descrición A cuncha é oval e pequena, de 2 a 4 cm, de cor escura, as súas beiras, ás veces un pouco achatadas, son dunha cor castaña escura, case negra; mentres a parte superior é lixeiramente máis clara cunha constelación de pequenos puntos brancos. As extremidades anterior e posterior da cuncha presentan tamén marcas abrancazadas. O manto é delgado, escuro con grandes papilas brancas máis ou menos ramificadas.Ficha en WoRMS

Distribución A especie atópase da África oriental ao Pacífico central ata as Hawai.

miniatura|centro|Distribución da especie

Subespecies Monetaria caputserpentis caputophidii (Schilder, 1927) -- Océano Índico e Pacífico occidental Monetaria caputserpentis caputserpentis (Linnaeus, 1758) -- Pacífico central (Marquesas, Hawaii...)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Indo-Pacific Molluscan Species Database Ficha en DORIS Ficha en gastropods.com

Categoría:Gasterópodos