O zyphe é unha lingua sino-tibetana do grupo tibetano-birmano que se fala en Myanmar e a India. En Myanmar son 17000 falantes nas aldeas de Phaikhua, Laitak, Aibur, Khuabung, Hlamphei, Vauangtu, Zobung e Longtlang na área de Thlantlang, no estado Chin e na India son 3000 nas localidades de Siata e IanaFicha da lingua en Etnologue no distrito de Saiha en Mizoram. Ten dous dialectos, o alto e o baixo zyphe e conforma xunto co mara e outras linguas unha rama do grupo tibetano-birmano coñecida como kuki-chin.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Glottolog

Categoría:Linguas sino-tibetanas Categoría:Linguas da India Categoría:Linguas de Myanmar