Mario Hezonja, nado en Dubrovnik o 25 de febreiro de 1995, é un xogador profesional de baloncesto croata que xoga no Real Madrid da Liga ACB. Mide 2,02 metros e pode xogar de escolta e de ala.

Traxectoria Hezonja comezou a xogar ó baloncesto ós 13 anos no KK Dubrovnik, onde estivo dous anos. Tras rematar a escola primaria, asinou un contrato co KK Zagreb. En xullo de 2012, Hezonja asinou un contrato de tres anos co FC Barcelona da Liga ACB. Durante a tempada 2012-13 xogou para o filial do equipo azulgrana na LEB Ouro. Ó remate do ano 2012, foi nomeado ó premio ó mellor xogador europeo de menos de 22 anos, pero finalmente o gañador foi Jonas Valančiūnas. O 25 de xuño de 2015, foi elixido na 5ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Orlando Magic.

O 6 de xullo de 2018, Hezonja asinou cos New York Knicks.

O 3 de xullo de 2019, Hezonja asinou cos Portland Trail Blazers.Trail Blazers sign forward Mario Hezonja

O 20 de novembro de 2020, Hezonja foi traspasado ós Memphis Grizzlies nun traspaso entre tres equipos. O 11 de decembro de 2020, foi cortado polos Grizzlies.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com Perfil en Euroleague.net

Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Dubrovnik Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto olímpicos de Croacia Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Orlando Magic Categoría:Xogadores do KK Zagreb Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores do Panathinaikos BC Categoría:Xogadores do UNICS Kazan Categoría:Xogadores do Real Madrid Baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 2016