Noa Pérez González, tamén coñedica como Noa Setemuíños, nada en Vigo en 1978, é unha escritora galega.
Traxectoria Licenciada en Filoloxía Galega, Filoloxía Románica e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago, é profesora de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario.
En O ocaso da familia Portela (2015) segundo Ramón Nicolás "retrata a cidade de Vigo con transparencia, tanto nos seus espazos como nos ambientes sociais, articulando unha crónica intensa que revela segredos e retrata intimidades dunha familia adiñeirada, instalada no bando vencedor e nun período que vai desde a guerra civil ata os anos setenta".
En A pedra de ámbar gris (2021) recrea a baleeira de Massó (Bueu) e a súa época dourada cando as súas conservas eran coñecidas en Europa e en América. Relato de ficción, de onde se entrecruzan as vidas de varios dos seus protagonistas, e como pano de fondo o ascenso e caída da actividade baleeira en Galicia.
Obra Novela
O ocaso da familia Portela (2015). Rinoceronte Editora, Barbantesa. 122 páxs. ISBN 978-84-94030246. Traducida ao castelán como El ocaso de la familia Portela e publicada en Pulp Books, ISBN 978-8415992165. (Como Noa Pérez González)
A pedra de ámbar gris (2021). Rinoceronte Editora, Morgante. 312 páxs. ISBN 978-84-15166-86-3. (Como Noa Setemuíños). Recoñecementos
2025: XI Certame Poético Rosalía de Castro do Concello de Padrón coa obra Pequeno panteón politeísta.Noa Pérez gaña o certame poético Rosalía de Castro Notas
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1978 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores de educación secundaria
Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes