Non confundir con El Paladín (Barcelona, 1872).
El Paladín foi un semanario editado en Vilagarcía de Arousa en 1887 nunha primeira etapa e en 1906 nunha segunda.
Traxectoria Subtitulado Periódico semanal literario, de intereses materiales, noticias y anuncios, apareceu o 21 de maio de 1887.El Magisterio Gallego, 25-5-1887, p. 3 Desde o 1 de outubro de 1887 pasou a ser propiedade de Ladislao Rodríguez, que se converteu no novo director.Gaceta de Galicia, 3-10-1887, p. 3. Cesou a súa publicación en novembro de 1887.Gaceta de Galicia, 8-11-1887, p. 2.
Volveu aparecer o 31 de xullo de 1906, sen periodicidade fixa.La Correspondencia Gallega, 7-8-1906, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Vilagarcía de Arousa Categoría:1887 en Galicia