miniatura|250px|Patas dun crustáceo (gnatópodo ou maxilípedo (pata con función trófica) e pereiópodo (pata marchadora), mostrando os segmentos: os distais son os dáctilos. miniatura|250px|Tentáculo da lura Illex illecebrosus co dáctilo tentacular distal.

En zooloxía, denomínase dáctilo a dúas estruturas corporais presentes en senllos grupos de invertebrados:

Crustáceos En moitos crustáceos o dáctilo é o segmento terminal do seus apéndices torácicos. En certos casos, como nos decápodos, o dáctilo, canda o propodio, forma a quela ou pinza. Nos decápodos comestíbeis, o dáctilo coñécese popularmente como uña.

Cefalópodos Nos cefalópodos o dáctilo é a porción final dos brazos ou raxos. É estreito e, a miúdo, está caracterizado pola colocación asimétrica das ventosas e pola ausencia dunha membrana de protección dorsal.

Etimoloxía e nome científico O termo dáctilo procede do grego antigo δάκτυλος dáktylos, "dedo". Na linguaxe científica internacional, denomínase coa súa adaptación ao latín científico, dactylus, que é tamén o nome desta estrutura en inglés, idioma que non adapta os nomes científicos latinos.

Véxase tamén Outros artigos Quela Pata (artrópodos) Ventosa (zooloxía)

Categoría:Anatomía animal Categoría:Termos zoolóxicos