En química, un composto cíclico é un composto químico no cal unha serie de átomos están conectados formando un anel ou bucle (o ciclo).March, Jerry (1985), Advanced Organic Chemistry: Reactions, Mechanisms, and Structure (3rd ed.), New York: Wiley, ISBN 0-471-85472-7 Aínda que a gran maioría dos compostos cíclicos son orgánicos, hai tamén unhas poucas substancias inorgánicas que tamén poden formar estruturas cíclicas, como o xofre, silanos, fosfanos, ácido fosfórico, e ácido tribórico. Os compostos químicos poden ser homocíclicosIUPAC Gold book - Homocyclic compound se os átomos situados no vértice do anel son todos do mesmo elemento; dentro deles os máis salientables son os compostos carbocíclcos, no que o mencionado elemento é o carbonoIUPAC Gold book - Carbocyclic compounds. Os compostos heterocíclicos teñen nos vértices do anel átomos de máis dun elemento químicoIUPAC Gold Book - Heterocyclic compounds. Os compostos cíclicos poden ser aromáticos ou non; por exemplo, o benceno é aromático mentres que o ciclohexano non. O termo "policíclico" utilízase cando se forma máis dun anel na molécula, como é o caso do naftaleno. O termo macrociclo úsase cando o anel contén máis dunha ducia de átomos.
Os compostos alicíclicos (de compostos alifáticos) noméanse de acordo co sistema de nomenclatura da IUPAC engadíndolles o prefixo ciclo ao nome do correspondente hidrocarburo de cadea aberta con igual número de átomos de carbono. Por exemplo: ciclopentano, ciclobutano etc.
Reaccións de abertura e peche do anel dereita|miniatura|Reacción de peche do anel de Dieckmann. Reaccións típicas dos compostos cíclicos son as reaccións de peche do anel e as reaccións de abertura do anel.
Exemplos de reaccións de peche do anel son: Metátese de peche do anel Reacción de ciclación de Nazarov Síntese de aneis grandes de Ruzicka Condensación de Dieckmann Síntese de Wenker Ciclación de radical Exemplos de reaccións de abertura do anel son: Unha reacción de polimerización de tipo xeral: Polimerización de abertura do anel Polimerización de metátese de abertura do anel
Notas
Véxase tamén Outros artigos Cicloadición Composto heterocíclico Lactona Hemiacetal Macrociclo Composto de cadea aberta
Ligazóns externas
Categoría:Compostos químicos