José Espinosa de los Monteros y Rodríguez, nado no Porriño o 14 de febreiro de 1880 e finado en Vigo o 13 de decembro de 1966, foi un farmacéutico e historiador galego, cronista oficial de Vigo desde 1937.

Traxectoria Licenciouse en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela. Colaborou en La Voz del Miñor e Faro de Vigo e foi membro numerario da Real Academia Galega, na que ingresou o 18 de outubro de 1952, e correspondente da Real Academia da Historia e da Real Academia de Farmacia.

Obra bibliográfica Casas y cosas del Valle Miñor (1938) Fray Antonio de Sotomayor y su correspondencia con Felipe IV (1944) El valle de la Louriña. Bosquejo histórico (1944) Bouzas (1944) Tierra de Fragoso (Notas para la historia de Vigo y su comarca) (1949) Historia de las farmacias del partido judicial de Vigo (1568-1949) (1950) Casas y cosas del Valle Miñor (1951) Un privilegio del Emperador Carlos V (1952), discurso de ingreso na RAG, contestado por Paulino Pedret Apuntes gráficos sobre heráldica gallega (1954) Kaleidoscopio gondomareño (1957)

Recoñecementos Declarárono fillo predilecto do Porriño e fillo adoptivo de Vigo. Recibiu a encomenda de Afonso X o Sabio. Unha rúa de Vigo leva o nome Cronista Espinosa.En .

Notas

Véxase tamén Bibliografía : "Espinosa Rodríguez, José" en Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada en DVD. "Espinosa de los Monteros y Rodríguez, Xosé" en Dicionario biográfico de Galicia, t. 2, p. 31-32, Ir Indo, Vigo. "Espinosa de los Monteros e Rodríguez, Xosé" en Diccionario Enciclopédico Galego Universal'', t. 25, p. 89, 2003.

Categoría:Cronistas de Vigo Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados no Porriño Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1966 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Membros de número da Real Academia Galega Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes