William Cameron Menzies, nado en New Haven (Connecticut) o 29 de xullo de 1896 e finado nos Ánxeles (California) o 5 de marzo de 1957 foi un director de produción e director artístico estadounidense que tamén traballou como director, produtor e guionista.

Traxectoria Menzies naceu en Connecticut, fillo dos emigrantes escoceses Charles A. e Helen. Estudou nas universidades de Yale e Edimburgo e tras servir no exército estadounidense na primeira guerra mundial asistiu á Art Students League of New York.

Menzies uniuse á Famous Players-Lasky, que logo evolucionou na Paramount Pictures, traballando en efectos especiais e deseño. En 1929, co produtor Joseph M. Schenck creou unha serie de curtametraxes sonoras, incluíndo unha versión de dez minutos de The Sorcerer's Apprentice, de Paul Lukas. O seu traballo en The Adventures of Tom Sawyer (1938) levou o produtor David O. Selznick a contratalo para Foise co vento (1939).Memo from David O. Selznick, seleccionado e editado por Rudy Behlmer, The Viking Press, 1972, p.156. Menzies foi o director da secuencia do incendio de Atlanta e remontou a secuencia onírica de Salvador Dalí no filme Spellbound (1945), de Alfred Hitchcock.Dalí, Surrealism and cinema de Elliott H. King, Kamera Books, 2007, p.85-86.

Ademais do seu traballo como director artístico, dirixiu filmes dramáticos e fantásticos, entre eles Things to Come, baseado na obra de H.G. Wells, e Invaders from Mars.

Menzies finou de cancro pouco despois de rematar o seu traballo como produtor asociado de A volta ao mundo en oitenta días (1956).

Filmografía Director artístico The Iron Mask (1929) Alibi (1929) Condemned (1929) Coquette (1929) Puttin' on the Ritz (1930) Alice in Wonderland (1933, tamén coguionista) Made for Each Other (1939) Sinfonía da vida (1940) The Devil and Miss Jones (1941) The Pride of the Yankees (1942) Kings Row (1942) For Whom the Bell Tolls (1943) Arch of Triumph (1948) Invaders from Mars (1953)

Director Things to Come (1936) Conquest of the Air (1936, codirector sen acreditar) The Green Cockatoo (1937) The Thief of Bagdad (1940, sen acreditar) The Whip Hand (1951) Address Unknown (1944) Duel in the Sun (1946, sen acreditar) Tambores do sur (1951) The Maze (1953) Invaders from Mars (1953)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Personalidades do cinema Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Art Students League of New York Categoría:Nados en New Haven, Connecticut Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1957 Categoría:Óscar honorífico