José Guerra Campos, nado en Seares de Abaixo (Ames) o 13 de setembro de 1920 e finado en Sentmenat (provincia de Barcelona) o 15 de xullo de 1997, foi un eclesiástico católico latino galego, bispo de Cuenca entre 1973 e 1996.
Traxectoria Estudou Teoloxía na Pontificia Universidade Gregoriana, e posteriormente doutorouse pola Universidade Pontificia de Salamanca. O 15 de outubro de 1944 foi ordenado sacerdote, e posteriormente, entre 1945 e 1965 foi profesor do seminario arquidiocesano compostelán e nas facultades de Medicina e Farmacia da USC. Entre 1962 e 1963 foi consultor no Concilio Vaticano Segundo.
O 15 de xuño de 1964 foi nomeado bispo auxiliar de Madrid e bispo titular de Mutia. Recibiu a consagración episcopal de mans do arcebispo metropolitano de Santiago de Compostela Fernando Quiroga Palacios, e tivo como co-consagradores principais ao bispo de Madrid Casimiro Morcillo e ao bispo auxiliar de Santiago Miguel Nóvoa Fuente.
O 13 de abril de 1973 foi nomeado bispo de Cuenca. Retirouse o 16 de xuño de 1996, e finou ao ano seguinte, o 15 de xullo de 1997, en Senmenat, na residencia da Sociedade Misioneira de Cristo Rei.
Categoría:Nados en Ames Categoría:Nados en 1920 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Bispos da diocese de Cuenca Categoría:Alumnos da Pontificia Universidade Gregoriana Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia de Salamanca Categoría:Profesores da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Bispos da Igrexa católica latina