miniatura|250px|Ravenala madagascariensis, de porte arbóreo. A das estrelitziáceas (Strelitziaceae) é unha familia de plantas herbáceas, rizomatosas da orde das zinxiberales, propias das rexións tropicais e suutropicais de Suramérica, África mridional e Madagascar.

A familia comprende tres xéneros.

Descrición

Son plantas herbáceas perennes, aínda que algunhas especies poden desenvolver pseudocaules debido a vaíñas foliares endurecidas (como Ravenala madagascarensis) co que o hábito sería dunha árbore.

Os caules subterráneos son rizomatosos (ramificados dicotomicamente polo menos algúns), os caules aéreos son decumbentes e herbáceos ou arborescentes e con textura de leñosa.

A raíz primaria está ben desenvolvida. As raíces presentan vasos amplos distribuídos todo ao longo do corte transversal e agrupacións de floema na medula. Posúen estomas policíticos.

As follas son dísticas, envaiñadoras, pecioladas, simples, con venación penniparalela (veas fusionadas na marxe). O pecíolo posúe moitos arcos ou canais de aire.

A inflorescencia pode ser terminal ou axilar, un tirso con dunha a moitas cimas monocásicas, cada unha cunha bráctea grande e espatácea. Poden presentar unha grande inflorescencia (como Phenakospermum guianense) ou varias laterais e con frecuencia longamente pedunculadas.

As flores son hermafroditas, zigomorfas, epíxinas,epíxino, do grego γυνή giné, "femia", co prefixo epi-, "encima", é un adxectivo que se aplica á flor, ao perianto, ou ao androceo que parecen nacer ou inserirse sobre o ovario, por seren concrescentes con el. Do Diccionario de botánica, de Pío Font Quer. con brácteas.

O perianto ten 3+3 tépalos, os 3 externos libres, os 3 internos soldados, os internos desiguais (o interno medio máis pequeno que os laterais), ás veces tépalos internos conniventes.

O androceo está formado por 5 estames (ou 6 en Ravenala). As anteras son basifixas, de dehiscencia lonxitudinal, e con dúas tecas.

O xineceo consta de 3 carpelos soldados, e ovario ínfero; o carpelo medio é anterior, trilocular, con numerosos primordios seminais por carpelo. o estilo é filiforme, a placentación é axilar, os óvulos son anátropos, bitégmicos.

Hai nectarios nos septos dos ovarios.

O froito é unha cápsula loculicida. As sementes teñen arilo, endosperma rico en amidón e perisperma con menos amidón.

Presentan fenilfenalenonas c corpos de SiO2 máis ou menos esféricos.

Taxonomía

A familia foi recoñecida polo APG II en 2003, e confirmada no APG III en 2009. O Linear APG III, nese mesmo ano, asignoulle o número de familia 82.

A familia conta con 3 xéneros sensu Royal Botanic Gardens, Kew, coas especies que se relacionan a continuación:

Familia Strelitziaceae Xénero Strelitzia Aiton. Strelitzia augusta (= Strelitzia alba). Strelitzia caudata. Strelitzia humilis. Strelitzia juncea. Strelitzia nicolai. Strelitzia reginae. Xénero Phenakospermum Endl. Phenakospermum guianense. Xénero Ravenala Adans. Ravenala madagascarensis.

Ecoloxía

Encóntranse en rexións tropicais de Suramérica, sur de África e Madagascar.

As flores son polinizadas por insectos, aves (Strelitzia) ou lémures (Ravenala).

Evolución

O grupo troncal Strelitziaceae data de hai uns 78 millóns de anos. A diverxencia dentro do grupo corona data de hai uns 59 millóns de asos (Janssen & Bremer 2004).

Estudouse moito a polinización dentro do grupo, pero aínda así non está claro cal sería a condición plesiomórfica (ver, por exemplo, Kress et al. 1994).Kress; W. J.; Schatz, G. E.; Andrianifahanana, M. & Morland, H. S. (1994): "Pollination of Ravenala madagascariensis (Strelitziaceae) by lemurs in Madagascar: Evidence for an archaic coevolutionary system". American J. Bot. 81: 542-551.

Importancia económica

Algunhas especies teñen cultivares utilizados como plantas ornamentais, por exemplo a ave do paraíso (Strelitzia reginae) e a árbore ave do paraíso (Strelitzia nicolai).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Kubitzki, K. (2004): The Fmilies and Genera of Vacular Plants, Volume IV Flowering Plants. Monootyledons: Alismatanae and Commelinanae (except Gramineae). Berlin/Heidelberg/New York: Springler Verlag. ISBN 3-540-40593-3. Simpson, Michael G. (2010): Plant Systematics. Elsevier Inc. ISBN 978-0-12-644460-5.

Outros artigos Zixiberales

Ligazóns externas Strelitziaceae en Stevens, P. F. (2001 en adiante). Angiosperm Phylogeny Website. Versión 7, maio de 2006 (máis ou menos actualizada desde esa data) Strelitziaceae en L. Watson & M.J. Dallwitz (1992 en adiante). [http://delta-intkey.com/angio/ The families of flowering plants: descriptions, illustrations, identification, information retrieval] . Versión: 27 de abril de 2006. http://delta-intkey.com . NCBI Taxonomy Browser

Categoría:Zingiberales