miniatura|Eduard Romanyuta 2015

Eduard Romanyuta (en ), nado en Ternopil o 23 de outubro de 1992, é un cantante, compositor, músico, actor e presentador de TV ucraíno. En 2015 representou a Moldova no Festival de Eurovisión 2015 coa canción "I Want Your Love".

Carreira

A súa carreira musical comezou cando tiña 4 anos. Cando tiña 5 anos Eduard actuou no Pazo Ucraína de Kíiv, onde o Presidente de Ucraína L. Kuchma o felicitoun persoalmente polo seu talento. En 1999-2002 particiou no President's Christmas Trees, en Kíiv, facendo máis de 170 actuacións. O 26 de febreiro de 2011 Eduard intentou representar a Ucraína coa súa canción "Berega" quedando nun sétimo lugar de 19 participantes. O 18 de febreiro de 2012 intentou representar o seu país outra vez, esta vez cantando "I'll never let go", quedando nun quinto lugar de 21 participantes. O 23 de decembro de 2012 intentou por terceira vez representar Ucraína no Festival de Eurovisión 2013, pero quedou nun terceiro lugar de 20 participantes.

O 17 de xaneiro de 2015 presentouse para representar a Moldova no Festival de Eurovisión 2015 en Viena, Austria, e o 28 de febreiro gañou con 84 puntos do xurado e máis de 13.000 votos do televoto público.

Notas

Categoría:Cantantes de Ucraína Categoría:Representantes de Moldova en Eurovisión Categoría:Nados en 1992 Categoría:Nados na rexión de Ternopil