Giardia é un xénero de protozoos flaxelados anaeróbicos parasitos que colonizan e se reproducen no intestino delgado de varios vertebrados, causando a xiardíase. A especie deste xénero que infecta os humanos é Giardia lamblia (=G. intestinalis=G. duodenalis). O seu ciclo de vida alterna entre un trofozoíto que nada activamente e un quiste resistente infectivo. Giardia xa foi descrito polo microscopista holandés Antoni van Leeuwenhoek en 1681. O nome do xénero procede do apelido do zoólogo francés Alfred Mathieu Giard.
Características Como outras diplomónadas, Giardia ten dous núcleos, cada un con catro flaxelos asociados, e carece tanto de mitocondrias coma de aparato de Golgi. Porén, posúen un sistema endomembranoso complexo e relictos mitocondriais, chamados mitosomas. Os mitosomas non se usan para a síntese de ATP como farían as mitocondrias, senón que están implicados na maduración de proteínas de ferro-xofre. As sinapomorfias do xénero Giardia inclúen células con orgánulos duplicados, ausencia de citostomas, e disco adhesivo ventral.
Infección e síntomas miniatura|esquerda|250px|Micrografía electrónica de varrido do intestino delgado dun roedor xerbilino infestado por Giardia na que se observa a superficie da mucosa case enteiramente cuberta polos trofozoítos adheridos a ela.
Giardia vive dentro do intestino de humanos infectados e outros animais. Os individuos poden infectarse inxerindo ou poñéndose en contacto con alimentos contaminados, o solo ou auga. O parasito Giardia atópase en superficies e produtos contaminados por feces dun portador infectado.
Os síntomas, que poden aparecer dous días despois da infección, inclúen diarreas violentas, exceso de gas, cambras abdominais e estomacais, malestar estomacal e náuseas. Como resultado prodúcese deshidratación e perda de nutrientes, o que pode necesitar un tratamento inmediato. A infección típica nun individuo pode ser leve e resolverse sen tratamento, e durar entre 2–6 semanas, aínda que ás veces pode durar máis e ser grave. É posible a coexistencia co parasito (os síntomas atenúanse), polo que o individuo convértese nun portador e pode transmitirllo a outros. A xiardíase fai que as vilosidades do intestino delgado se atrofien e se aplanen, o que ten como resultado unha mala absorción intestinal. Pode persistir unha intolerancia á lactosa despois da erradicación de Giardia do tracto dixestivo.LaCour, Michelle (2003). "Who Is Giardia?" . GIARDIA. Stanford University.
Sistemática Describíronse unhas 40 especies deste xénero en diferentes animais, peroi moitas delas son probablemente sinónimas. Actualmente, recoñécense cinco ou seis especies morfoloxicamente distintas. Giardia lamblia (=G. intestinalis, =G. duodenalis) infecta a humanos e outros mamíferos, G. muris encóntrase noutros mamíferos, G. ardeae e G. psittaci en aves, G. agilis en anfibios e G. microti en ratiños arvicolinos. Outras especies descritas (pero non validadas) son as da lista. Para discriminar entre especies de Giardia desenvolvéronse probas moi específicas de PCR e de detección con sondas xenéticas. O máis común e rápido é identificalas por microscopia e técnicas de inmunofluorescencia.
Giardia beckeri Giardia beltrani Giardia botauri Giardia bovis Giardia bradypi Giardia canis Giardia caprae Giardia cati Giardia caviae Giardia chinchillae Giardia dasi Giardia equii
Giardia floridae Giardia hegneri Giardia herodiadis Giardia hyderabadensis Giardia irarae Giardia marginalis Giardia melospizae Giardia nycticori Giardia ondatrae Giardia otomyis Giardia pitymysi
Giardia pseudoardeae Giardia recurvirostrae Giardia sanguinis Giardia serpentis Giardia simoni Giardia sturnellae Giardia suricatae Giardia tucani Giardia varani Giardia viscaciae Giardia wenyoni
Os estudos xenéticos e bioquímicos mostraron que había unha gran heteroxeneidade en Giardia lamblia, que contén probablemente polo menos oito liñaxes ou especies crípticas.
Xenoma A primeira diplomónada á que se secuenciou o xenoma foi un illado de Giardia (WB). Tiña un xenoma de 11,7 millóns de pares de bases de estrutura compacta que codificaba un metabolismo e maquinarias celulares básicas. Actualmente, están a secuenciarse os xenomas de varios outros illados de Giardia e de diplomónadas (os patóxenos de peixes Spironucleus vortens e S. salmonicida).
Un segundo illado (a ensamblaxe B) procedente de humanos foi tamén secuenciado xunto con especies procedentes de porcos (a ensamblaxe E). O xenoma contén uns ~5000 xenes. A ensamblaxe E está máis estreitamente relacionada coa ensamblaxe A que coa B. Atopáronse varios rearranxos cromosómicos.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Metamónadas