A escorzoneira (Scorzonera hispanica) é unha planta da familia das asteráceas, nativa do centro e o sur de Europa e o centro de Asia, abundante na Península Ibérica. miniatura|Detalle da flor miniatura|Ilustración Descrición Trátase dunha planta perenne que pode alcanzar os 90 cm de altura, follas lanceoladas, alternas, de cor verde brillante na face e pálidas no envés, bordo enteiro ou lixeiramente dentado, superficie ondulada e cun pecíolo alado e alongado. Flores amarelas que se dan principalmente entre maio e xullo, aínda que depende moito da súa situación xeográfica. As raíces teñen unha lonxitude de entre 20 e 30 cm, cun grosor entre 3 e 4 cm de diámetro, de codia negra, agretada e polpa branca. Na parte superior do talo principal fórmanse unhas cabezas rodeadas dun invólucro de largas brácteas, máis longas as internas que as externas. Froitos alongados e rematados nun papo de arestas plumosas.

Localización Na Península Ibérica crece silvestre en terreos areosos baldíos, con frecuencia preto do mar, desde Cataluña até Andalucía, sendo máis común encontrar a planta en solos ricos en cal.

Usos Antigamente pensábase que o zume das raíces podía curar as mordeduras de serpes. A raíz utilízase cocida en comidas e ensaladas, e asadas ou fritas en manteiga para acompañar carnes. No século XVI Nicolás Monardes foi o primeiro en describir a escorzoneira:«As raíces conservadas en azucre, como o fixen a miúdo, resultan case tan delicadas ao padal como as raíces do erinxio».GENDERS, op. cit., páx. 27. A súa eficacia no alivio de flatulencias e indixestións fixo que Lois XIV lle mandara ao seu xardineiro o cultivo desta planta en grandes cantidades para dispoñer dela durante todo o ano.GENDERS, op. cit., páx. 97. Os capullos cocidos tamén se utilizan en ensaladas así como as follas, especialmente as novas despois de fervidas.

Taxonomía Scorzonera hispanica foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 791. 1753. Sinonimia

Scorzonera crispatula (DC.) Nyman. subsp. crispatula (DC.) Nyman Scorzonera crispatula var. corbariensis Timb.-Lagr. Scorzonera crispatula (DC.) Boiss. Scorzonera denticulata Lam. Scorzonera edulis Moench Scorzonera glastifolia Willd. Scorzonera latibracteata Sennen & Elías ex Pau Scorzonera transtagana Welw. ex Cout..Sinónimos en Real Jardín Botánico Myscolus hispanicus (L.) Endl. Scorzonera communis Scorzonera sativa Gaterau

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Infojardín

Categoría:Raíces e tubérculos comestibles Categoría:Flora de Europa Categoría:Plantas descritas en 1753