Ismael Ramos Castelo, nado na Picota (Mazaricos) o 8 de abril de 1994, é un poeta, escritor e profesor galego.

Traxectoria En decembro do 2012, recibiu o primeiro premio do Concurso de Relatos Curtos contra a Violencia de Xénero, organizado pola USC.

É autor da plaquette Hábitat/Interferencias (XVI Premio Francisco Añón, 2013), do diálogo A ferida (2013, con María do Cebreiro), do libro de contos A parte fácil (Xerais, 2023) e de tres poemarios: Os fillos da fame (XVIII Premio de poesía Johán Carballeira, 2016), Lumes (2017) e Lixeiro (2021).

Os seus poemas foron traducidos ao español, inglés, italiano, finés, húngaro, francés e portugués e participou en encontros e festivais nacionais e internacionais. Na rede, mantivo os blogs InterferenciasIn-ter-ferencias e O triste Stephen.O triste Stephen

Fixo parte do consello de redacción da revista Dorna entre 2015 e 2022.

En 2020 gañou o Premio Javier Morote, outorgado por CEGAL á mellor obra publicada por un autor novo, coa tradución ao castelán de Lumes.

Dende 2020 é profesor de Lingua Castelá e Literatura no ensino público e, dende agosto do 2021, escribe artigos de opinión no xornal en liña eldiario.es.

En outubro de 2022, foi recoñecido co Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández, outorgado polo Ministerio de Cultura e Deportes.

Obra Poesía Hábitat/Interferencias (Concello de Outes, 2013, edición non venal). Plaquette. Os fillos da fame (2016). Xerais. Lumes (2017). Apiario. Lixeiro (2021). Xerais. 60 páxs. ISBN 978-84-9121-893-7. ePub: ISBN 978-84-9121-897-5. A superficie. La supeficie (2026). Chan da Pólvora e Papeles Mínimos Ed. 28 páxs. ISBN 979-13-992335-1-3. A superficie arranca dun diálogo de Ismael Ramos con Peter Handke no seu Poema á duración.

Narrativa A parte fácil (2023). Vigo: Xerais. 208 páxs. ISBN 978-84-1110-257-5. Relatos. Traducións ao castelán Fuegos (2019). Madrid: La Bella Varsovia. Ligero (2021). Madrid: La Bella Varsovia.

La parte fácil (2023). Barcelona: Las afueras.

Traducións ao portugués Fogos (2022). Coímbra: Do lado esquerdo. Obras colectivas miniatura|Con Alba Cid, na presentación de Lixeiro na Libraría Paz de Pontevedra en tempos da pandemia COVID-19 Sentimentalismo. Antoloxía de referencia. Etapa de expansión (Editorial Bubela, 2013). Poesía. 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca (Biblos Clube de Lectores, 2015). Poesía. No seu despregar (Apiario, 2016). Poesía. 13. Antoloxía da poesía galega próxima (ed. bilingüe, Chan da Pólvora / papeles mínimos, 2017). Poesía. Poetízate. Antoloxía da poesía galega (Xerais, 2018, 15ª edición). Poesía. Piel fina. Joven poesía española (Ediciones Maremagnum, 2019). Poesía. O ano do tigre (Rodolfo e Priscila, 2022). Narrativa.

Premios XVI Premio Francisco Añón (2012). Premio Xuventude Crea de poesía (2014). XVIII Premio de poesía Johán Carballeira (2015). Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de poesía de 2016 por Os fillos da fame (2017). Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro de poesía de 2017 por Lumes (2018). Premio Fervenzas Literarias ao Autor do ano 2017 (2018). Premio ao mellor libro editado en 2017 na Gala do Libro Galego por Lumes (2018). Premio Javier Morote 2020 pola tradución do seu libro Lumes (2017), Fuegos (2019). Premio de xornalismo Manuel Lueiro Rey 2022 polo artigo de opinión “Mentres tanto, dáme a man”. Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández 2022 por Lixeiro. Premio O. Henry 2026 polo relato "A lebre" (A parte fácil) publicado en inglés na revista The Common.Un escritor gallego hace historia al ganar uno de los galardones de relatos más prestigiosos del mundo Notas

Véxase tamén

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Nados en Mazaricos Categoría:Nados en 1994 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela