Francisco Romero de Lema, nado en Baio (Zas) en 1903 e finado na mesma parroquia o 27 de novembro de 1972, foi un escritor galego, un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos. Empregou o pseudónimo de Rosendo Ruiz.

Traxectoria O 12 de outubro de 1923, na casa da infancia de Rosalía de Castro en Ortoño, xunto con Fermín Bouza Brey, Wenceslao Requejo Bouet, Xosé Pena Pena, Lois Tobío Fernández, Ramón Martínez López, Manoel Magariños Negreira, Alberte Vidán Freiría e Xosé Filgueira Valverde, fundou o Seminario de Estudos Galegos.

Licenciado en Filosofía e Letras, tentou demostrar, a través da análise da súa lingua, a procedencia galega de Cristovo Colón e adicou parte da súa vida a divulgar a figura do seu paisano Enrique Labarta Pose, escritor.

Finou nun accidente de tráfico cando volvía da misa á casa.La Voz de Galicia, 28-11-1972, p. 31.

Obra Enrique Labarta Pose (1863-1925), A Coruña, El Correo Gallego, 1928. La lengua de Cristóbal Colón, A Coruña, Editorial Moret, 1969.Imaxe da portada "Enrique Labarta Pose" en Bayo en fiestas, Santiago de Compostela, 1970. Póstuma Prosas recuperadas: o periodismo de Manuel Murguía: (antoloxía básica, 1853-1923), 194 pp. , Fundación Caixa Galicia, 1998. Vocabulario de Soneira, edición e notas de Xosé María Rei Lema. Anexo 6 de Cadernos da Lingua, 195 pp., A Coruña, RAG, 2000, ISBN 978-84-87987-40-3."Presentada a primeira obra que recolle as características da fala de Soneira" la Voz de Galicia, 22/7/2000.

Notas

Véxase tamén Bibliografía : "Francisco Romero Lema ou unha vida de homenaxe a Enrique Labarta Pose" en Boletín Galego de Literatura'' 24, 2000.

Outros artigos Enrique Labarta Pose

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Zas Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en 1972 Categoría:Finados en accidente de tráfico Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes