Raul-Stig Rästa é un cantante e compositor estoniano que representará a Estonia no Festival de Eurovisión 2015 xunto a Elina Born coa canción "Goodbye to Yesterday".

Entre 2002 e 2006 formou parte da banda Slobodan River con Ithaka Maria e Tomi Rahula. Dende 2006 el tocou en Traffic e en Outloudz en 2010.

En 2011 concursou na quinta tempada de "Let`s Dance", quedando finalmente nunha cuarta posición.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Elina Born Goodbye to Yesterday Festival de Eurovisión 2015

Categoría:Cantantes de Estonia Categoría:Representantes de Estonia en Eurovisión Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Talín